milagros, recuerdos, sueños

Todo lo sagrado tiene la sustancia de los sueños y los recuerdos, y así experimentamos el milagro de que lo que está separado de nosotros por el tiempo o la distancia se haga repentinamente tangible. Los sueños, los recuerdos, los sagrado, todo es semejante en cuanto que está más allá de nuestro alcance. Una vez que nos separamos de lo que podemos tocar, ese objeto se santifica, adquiere la belleza de lo inalcanzable, la cualidad de milagroso. Todo tiene esa cualidad, pero nosotros podemos profanarlo tocándolo. ¡Qué extraño es el hombre! Su contacto mancha y, sin embargo, él es la fuente de los milagros

Noche de primavera – Yukio Mishima

8 comentarios en “milagros, recuerdos, sueños

  1. Teño que lle facer unha puntualización. Que pode que estea eu errado, pero é que non teño acceso agora mesmo á fonte, pero se non lembro mal este magnífico fragmento pertence á conversa que manteñen Isao Inuma e Shigekuni Honda no primeiro volume de “El mar de la fertilidad” e que leva por título “Nieve de primavera”. ¿Pode ser? Como pode vostede comprobar no espacio de traballo que comparto co seu sr irmán a actividade non é moi frenética, pero tampouco é tan reducida que me permita comprobar a puntualización que pretendo facerlle en plan moscacojonera.

  2. Teño que lle facer unha puntualización. Que pode que estea eu errado, pero é que non teño acceso agora mesmo á fonte, pero se non lembro mal este magnífico fragmento pertence á conversa que manteñen Isao Inuma e Shigekuni Honda no primeiro volume de “El mar de la fertilidad” e que leva por título “Nieve de primavera”. ¿Pode ser? Como pode vostede comprobar no espacio de traballo que comparto co seu sr irmán a actividade non é moi frenética, pero tampouco é tan reducida que me permita comprobar a puntualización que pretendo facerlle en plan moscacojonera.

  3. Sr. Salorio, vostede non perdoa nin unha!! É certo, o libro leva por título “Nieve de primavera”.

    A verdade é que somentes lín o primeiro volume e teño pendentes os seguintes. Pero o aprazo porque Mishima resúltame ás veces moi empalagoso e artificial…terei que adicarlle máis gañas.

  4. Sr. Salorio, vostede non perdoa nin unha!! É certo, o libro leva por título “Nieve de primavera”.

    A verdade é que somentes lín o primeiro volume e teño pendentes os seguintes. Pero o aprazo porque Mishima resúltame ás veces moi empalagoso e artificial…terei que adicarlle máis gañas.

  5. É verdade que non é pouca a xente que lle aplica a Yukio os calificativos que vostede lle dirixe. Pola miña parte disfruto moito da súa lectura (estou rematando a terceira parte da tetraloxía) pero creo que moitas das características da sua obra que en occidente se teñen por artificiosas corresponden a unha sensibilidade xaponesa moi distinta da nosa. Téñoo a vostede por unha caixa de sorpresas, polo que non me sorprendería que tivera xa contactos previos con outros autores xaponeses coma kawabata ou Oë, pero onde máis similitudes atopo eu coa narrativa de Mishima é coa marabillosa “Novela de Genji” (Genji Monogotari) de Murasaki Shikibu escrita no S. XI en plena época Heian, que é coma decir o barroco europeo no que a expresións artísticas se refire. Eu teño que recoñecer que sinto unha especial predilección pola cultura e literatura xaponesas, e tamen no seu momento sentín unha sensación de fastío semellante á que vostede expresa ate que vendo “Ran” cheguei á escea na que o señor feudal abandonado polos seus fillos chega xunto ó flautista. Esta escea está cargada do simbolismo e a sensibilidade herdada de dous xeneros teatrais tan diferentes pero tan simbólicos coma o teatro Kabuki e o teatro Nö, pero lembro que foi a escea que sempre me quedou gravada coma a chave que me abríu as portas a unha sensibilidade e a unha visión do mundo tan diferente e tan peculiar coma a xaponesa. Hai un ensaio moi interesante sobre a mentalidade xaponesa escrito nos anos 40 do pasado século que leva por título “El crisantemo y la espada” de Ruth Benedict (hai unha edición en Alianza) e que analisa os patróns de comportamento na cultura e sociedade xaponesas. Se ten vostede interese en lelo fareillo chegar encantado, toda vez que a súa lectura clarifica moitas das claves que atopamos na literatura de Mishima e, por extensión, de toda a literatura xaponesa. Agora ben, tamen hai que ter en conta para entender a Mishima as tres claves en torno ás que xira a súa literatura: a pasión (que chega a derivar en violencia), o erotismo e a morte. O libre que recolle varios dos seus contos e que leva por título “La perla y otros cuentos” ten o que posiblemente sexa o conto mais coñecido deste autor e que leva por título “Patriotismo” (levado ó cine co título de “Rito de amor y muerte” e protagonizada polo propio Mishima) e que recolle todas estas claves do que desde o punto de vista de Mishima pode ser considerado fermoso, pois sempre dixo que ese conto non era máis que a descripción dunha noite de felicidade.

    En fin, todo este discurso pesado e tocacojonero non ten máis obxecto que manifestar a disponibilidade dos meus libros para a súa persoa, e mesmo podería chegar a proporlle un intercambio bibliográfico de non ser polo feito de que non dispoño neste momento de tempo para adicarlle á literatura de esparcimento.

    Reciba de paso os meus máis cordiais saudos non sen antes aproveitar para recomendarlle a magnífica “Gog” de Giovanni Papini e aceptar a proposta que o seu señor irmán lanza de enfrontarnos con valor e gallardía a unha fonte de bacallau.

    Un servidor

  6. É verdade que non é pouca a xente que lle aplica a Yukio os calificativos que vostede lle dirixe. Pola miña parte disfruto moito da súa lectura (estou rematando a terceira parte da tetraloxía) pero creo que moitas das características da sua obra que en occidente se teñen por artificiosas corresponden a unha sensibilidade xaponesa moi distinta da nosa. Téñoo a vostede por unha caixa de sorpresas, polo que non me sorprendería que tivera xa contactos previos con outros autores xaponeses coma kawabata ou Oë, pero onde máis similitudes atopo eu coa narrativa de Mishima é coa marabillosa “Novela de Genji” (Genji Monogotari) de Murasaki Shikibu escrita no S. XI en plena época Heian, que é coma decir o barroco europeo no que a expresións artísticas se refire. Eu teño que recoñecer que sinto unha especial predilección pola cultura e literatura xaponesas, e tamen no seu momento sentín unha sensación de fastío semellante á que vostede expresa ate que vendo “Ran” cheguei á escea na que o señor feudal abandonado polos seus fillos chega xunto ó flautista. Esta escea está cargada do simbolismo e a sensibilidade herdada de dous xeneros teatrais tan diferentes pero tan simbólicos coma o teatro Kabuki e o teatro Nö, pero lembro que foi a escea que sempre me quedou gravada coma a chave que me abríu as portas a unha sensibilidade e a unha visión do mundo tan diferente e tan peculiar coma a xaponesa. Hai un ensaio moi interesante sobre a mentalidade xaponesa escrito nos anos 40 do pasado século que leva por título “El crisantemo y la espada” de Ruth Benedict (hai unha edición en Alianza) e que analisa os patróns de comportamento na cultura e sociedade xaponesas. Se ten vostede interese en lelo fareillo chegar encantado, toda vez que a súa lectura clarifica moitas das claves que atopamos na literatura de Mishima e, por extensión, de toda a literatura xaponesa. Agora ben, tamen hai que ter en conta para entender a Mishima as tres claves en torno ás que xira a súa literatura: a pasión (que chega a derivar en violencia), o erotismo e a morte. O libre que recolle varios dos seus contos e que leva por título “La perla y otros cuentos” ten o que posiblemente sexa o conto mais coñecido deste autor e que leva por título “Patriotismo” (levado ó cine co título de “Rito de amor y muerte” e protagonizada polo propio Mishima) e que recolle todas estas claves do que desde o punto de vista de Mishima pode ser considerado fermoso, pois sempre dixo que ese conto non era máis que a descripción dunha noite de felicidade.

    En fin, todo este discurso pesado e tocacojonero non ten máis obxecto que manifestar a disponibilidade dos meus libros para a súa persoa, e mesmo podería chegar a proporlle un intercambio bibliográfico de non ser polo feito de que non dispoño neste momento de tempo para adicarlle á literatura de esparcimento.

    Reciba de paso os meus máis cordiais saudos non sen antes aproveitar para recomendarlle a magnífica “Gog” de Giovanni Papini e aceptar a proposta que o seu señor irmán lanza de enfrontarnos con valor e gallardía a unha fonte de bacallau.

    Un servidor

Los comentarios están cerrados.